Asaltan a casa de Iago Aspas en Moaña

Ningún membro da familia se atopaba na vivenda cando entraron os ladróns
Casa de Iago Aspas. TVG
photo_camera Iago Aspas aplaude en Balaídos. SALVADOR SAS (Efe)

Iago Aspas e a súa familia son as novas vítimas da onda de roubos que sofren futbolistas de elite en España. Os amigos do alleo entraron na súa casa de Moaña este venres pola tarde e levaron xoias de gran valor.

Ningún dos membros da familia –nin o dianteiro do Celta, nin a súa muller Jenni Rueda nin os fillos da parella– estaba na vivenda cando entraron os asaltantes. 

Hai uns meses outro xogador celeste, Emre Mor (hoxe cedido ao Galatasaray), foi vítima dun asalto na súa vivenda, tamén situada en Moaña.

Comentarios