Asasinada en EE.UU. a golfista española Celia Barquín

A Policía xa detivo ao autor do crime

Celia Barquín. TWITTER
photo_camera Celia Barquín. TWITTER

A golfista española Celia Barquín foi asasinada este luns nun campo de golf de Iowa (Estados Unidos) por causas que investiga a Policía, que xa detivo ao presunto autor do crime.

O corpo sen vida de Barquín, de 22 anos, foi atopado pola Policía no campo de golf Coldwater, situado na localidade de Ames, despois de que a súa bolsa de paus abandonada chamase a atención doutros deportistas que alertaron ás autoridades. O cadáver atopábase "a distancia" da bolsa.

Barquín, que estudaba e xogaba para a Universidade Iowa State, "morreu como consecuencia dun ataque", segundo informou a policía.

As autoridades detiveron como presunto autor do crime a Collin Daniel Richards, de 22 anos, ao que imputaron un delito de homicidio en primeiro grao.

Nacida en Puente San Miguel (Cantabria), Barquín gañou en 2018 o torneo feminino de golf Big 12 e foi nomeada deportista feminina do ano na súa universidade, onde estudaba enxeñería civil. Este mesmo ano, Barquín tamén gañara o Campionato de Europa individual feminino.

"Esta é unha perda tráxica e sen sentido dunha talentosa moza, e unha aclamada estudante e deportista", expresou nun comunicado a presidenta da Universidade Iowa State, Wendy Wintersteen.

Comentarios