Iago Aspas será titular no partido entre Inglaterra e España desta noite (20.45). O galego estará entre os once elixidos por Luis Enrique para o encontro que se disputará en Wembley.
O técnico asturiano debuta coa seguinte aliñación: De Gea, Carvajal, Ramos, Nacho, Marcos Alonso; Busquets, Thiago, Saúl; Isco, Rodrigo e Aspas.