O Barça ficha a De Jong para as próximas 5 tempadas

O Barcelona pecha o acordo co Ajax por 75 millóns de euros

O Barcelona anunciou a fichaxe do holandés Frenkie de Jong, de 21 anos e procedente do Ajax de Amsterdam, para as próximas cinco tempadas.

O acordo supón un traspaso de 75 millóns máis 11 en variables e o mesmo entrará en vigor a partir do próximo 1 de xullo. De Jong xoga de centrocampista e era unha das prioridades de futuro do club azulgrana. 

O xogador holandés non se incorporará ás filas blaugranas ata o próximo 1 de xullo.
 

Comentarios