O Barcelona confirma a fichaxe de Braithwaite

O club adiantou que pagará a cláusula do xogador do Leganés e podería adestrarse xa este xoves co grupo
Martin Braithwaite of Leganes in action during the Spanish League, La Liga, football match played between CD Leganes and Real Sociedad at Butarque Stadium on February 01, 2020, in Madrid, Spain.
photo_camera Braithwaite, coa elástica do Leganés. ÓSCAR J. BARROSO (Efe)

O dianteiro danés Martin Braithwaite (Leganés) podería adestrarse este xoves co Barça (11:00 CET) e ser presentado oficialmente pola tarde, despois de que a entidade azulgrana haxa informado ao club madrileño de que pagase a cláusula de rescisión do xogador cifrada en 18 millóns de euros.

Braithwaite é unha petición expresa de Quique Setién que necesita un dianteiro polivalente tras as baixas de longa duración de Luís Suárez e Ousmane Dembélé, que deixaron moi minguada a pplantilla, xa que só conta con 15 fichas do primeiro equipo.

A falta de detalles oficiais, todo apunta a que o danés se adestre xa mañá e poida estar dispoñible ante o Eibar, partido que se disputará o vindeiro sábado. A presentación oficial realizaríase o mesmo xoves pola tarde.

A contratación de Martin Braithwaite foi posible despois de que o comité médico de laLiga dea o visto e prace ao informe médico presentado polo Barça no que se determinaba en seis meses a duración da baixa de Dembélé.

Comentarios