Calderón chega ao Obradoiro tras finalizar a última etapa do Camiño

José Manuel Calderón comezou o seu percorrido o pasado luns partindo desde Monforte de Lemos ata Chantada
Calderón no Obradoiro. EFE
photo_camera Calderón no Obradoiro. EFE
A comisaria do Xacobeo 21, Cecilia Pereira, recibiu este xoves ao exjugador da NBA José Manuel Calderón no final da última etapa do proxecto 'O Camiño acaba en Obradoiro', co que o deportista percorreu o Camiño de Inverno xunto co Monbús Obradoiro

José Manuel Calderón comezou o seu percorrido o pasado luns, cando partiu desde Monforte de Lemos ata Chantada, nunha etapa na que puido coñecer de primeira man a paisaxe cultural da Ribeira Sacra, que opta a ser Patrimonio da Humanidade no próximo 2021. 

Na segunda xornada da iniciativa peregrinou desde o concello de Rodeiro ata Silleda, mentres que a última etapa desenvolveuse entre Ponche Ulla e Compostela, onde foi recibido pola comisaria do Xacobeo 2021, entre outras autoridades. 

A experiencia do exjugador da NBA será recollida nun documental que promocionará a imaxe de Galicia e do Camiño de Inverno na antesala do Xacobeo 2021. Así mesmo, trátase dunha iniciativa de carácter solidario, xa que os fondos desta sexta edición destinaranse a apoiar a educación integral de mozas a través do baloncesto, permitindo a posibilidade de incorporar programas na canteira do Obradoiro CAB para novas promesas do baloncesto, independentemente da súa realidade social. 

A primeira edición de 'O Camiño acaba en Obradoiro' celebrouse no 2015 coa figura de Terry Porter percorrendo o Camiño Francés desde Sarria. Un ano despois, o exjugador de baloncesto Juan Antonio Corbalán peregrinou ata Compostela polo Camiño Primitivo. Tras eles chegaron Nikos Galis, a través do Camiño Inglés no ano 2017, e Aleksandar Petrovic, que peregrinou polo Camiño Portugués en 2018. O pasado ano protagonizou a experiencia Amaya Valdemoro, que completou a Vía da Prata desde a cidade de Ourense. 

Comentarios