Competición desestima o recurso do Dépor por aliñación indebida do Estremadura

O club herculino recorrerá ao comité de apelación
Generated by  IJG JPEG Library
Generated by  IJG JPEG Library
Generated by  IJG JPEG Library
Generated by  IJG JPEG Library
Generated by  IJG JPEG Library
LEAD Technologies Inc. V1.01
photo_camera Fernando Vázquez, adestrador do Deportivo, durante un partido. ARQUIVO

O comite de competición da Real Federación Española de Fútbol acordou este martes desestimar o recurso que o Deportivo presentou por aliñación indebida do Estremadura no duelo do pasado domingo en Riazor, que acabou con triunfo do equipo visitante por 2-3. O cadro herculino anunciou que recorrerá ao comité de apelación.

A reclamació do equipo branquiazul produciuse porque durante algúns segundos o Estremadura tivera só seis xogadores do primeiro equipo sobre o campo, cando a norma indica que deben ser sete como mínimo. 

E é que durante uns segundos, Airam Cabrera abandonou o terreo de xogo para ser atendido por unha lesión, pero o recurso non foi aceptado ao tratarse dunha circunstancia do xogo, pois o futbolista nin foi expulsado nin abandonou o partido substituído, senón que constaba entre os 11 aliñados.

Esta é a resolucion do comité: “Este Comité de Competición considera, como o fai o club reclamado nas súas alegacións, que o feito de que un xogador deba saír uns segundos do terreo de xogo para ser atendido polos servizos sanitarios, non supón que deixe de participar no encontro. O artigo 223.2 refírese expresamente á substitución por lesión entre as razóns polas que cabería considerar incumprida a norma, feito que aquí non chega a producirse. Asimilar o ocorrido neste encontro a algún dos supostos que contempla este artigo suporía, en opinión deste Comité, unha interpretación irrazonablemente rigorosa das normas que regulan a aliñación dos futbolistas nos encontros. Debe terse en conta, ademais, que de acordo coa Regra de Xogo 5.3, relativa ás facultades e obrigacións do árbitro en caso de lesións, o xogador  “lesionado” está obrigado a ser tratado fose do terreo de xogo sen perder a súa condición de xogador"

"Por todo iso, cabe considerar que o xogador do Estremadura UD, SAD, D. Airam López Cabrera, estaba a participar no encontro durante os segundos que foi atendido polos servizos sanitarios fose do terreo do xogo, polo que non cabe entender que o citado club incumprise o prescrito no artigo 223.2 do Regulamento Xeral da RFEF, nin que esteamos, en consecuencia, ante un suposto de aliñación indebida”.

Comentarios