Falece dun infarto o ciclista Jimmy Dunquennoy

"Ningunha anomalía aparecera nas probas de principio de tempada", di o seu director deportivo

Jimmy Duquennoy. INSTAGRAM
photo_camera Jimmy Duquennoy. INSTAGRAM

O ciclista belga do equipo Wallonie Bruxelles-Aqua Protect-Veranclassic Jimmy Dunquennoy, de 23 anos, faleceu na súa casa por unha crise cardíaca, informou este sábado a prensa local.

O seu director deportivo, Frederic Amorison, explicou á televisión pública RTBF que este mesmo mércores puidera facer ruta co mozo no regreso a casa desde Alemaña, onde disputou a súa última carreira, o Tour de Munster.

"Fora moi ben. Isto é horrible. Ningunha anomalía aparecerá nas probas de principio de tempada", dixo.

Facía uns días, explicou Amorison, que Duquennoy coñecera a decisión de non ser renovado en 2019 polo equipo Wallonie-Bruxelles, aínda que, "paradoxalmente, tomárallo moi ben".

Duquennoy comezou a súa vida profesional como corredor no Club Bury-Péruwelz, no sur de Bélxica, e en 2015 tamén pasou polo equipo continental ColorCode.

Comentarios