Boquete prepara o seu regreso a EE UU adestrando co Celta

A galega preparará a próxima tempada coas categorías inferiores do club vigués

Vero Boquete. ALEJANDRO GARCÍA (EFE)
photo_camera Vero Boquete. ALEJANDRO GARCÍA (EFE)

A internacional española Vero Boquete, xogadora do Utah Royals FC da MLS estadounidense, adestrarase durante as próximas semanas con varios equipos da canteira do Celta de Vigo, informou este mércores o club galego.

"Sempre falo de que o xogo español é de toque, de posesión, ofensivo.., e aquí no Celta traballan deste xeito. Por iso decidín vir aquí para preparar a próxima tempada", sinalou a futbolista, gañadora da liga de Campións co FFC Frankfurt en 2015 e oitava na clasificación do Balón de Ouro de 2014.

Boquete preparará nas instalacións deportivas da Madroa o seu regreso á liga estadounidense, logo de non renovar o seu contrato co Beijing BC chinés.

"Teño moitas ganas de poder adestrarme cos mozos da canteira para chegar a Utah nas mellores condicións. Para esta pretemporada precisaba adestrar con algúns equipos e aquí vouno a ter todo. Acabo de chegar e todo son facilidades", comentou. 

Comentarios