Fernando Hierro deixa a selección

O malagueño non continuará nin como seleccionador nin como director deportivo, a pesar de ter contrato en vigor

Fernando Hierro. EFE
photo_camera Fernando Hierro. EFE

Fernando Hierro e a Federación Española de Fútbol (RFEF) comunicaron este domingo que, a pesar de que o malagueño ten contrato en vigor como director deportivo, pon fin á súa relación unha vez terminada a participación de España no Mundial de Rusia.

O último seleccionador, segundo a nota, "declina regresar ao seu anterior cargo como director deportivo da RFEF para buscar novos horizontes e emprender novos retos profesionais". Xa que logo, o adestrador que colleu as rendas da selección a tres días do Mundial non seguirá á fronte de España, como xa se prevía.

Nos últimos días relacionáronse varios nomes co banco da selección, como Míchel, Quique Sánchez Flores ou Luis Enrique. Tamén estaría nas quinielas Roberto Martínez, quen levou a Bélxica ata as semifinais do Mundial.

Comentarios