A loita contra o sexismo no Mundial de fútbol de Rusia 2018 está a alcanzar cotas nunca vistas. Ata o punto que a Federación Internacional de Fútbol (FIFA) ordenou ás canles internacionais que retransmiten os partidos que deixen de enfocar e facer zoom ás "mozas guapas” que asisten aos estadios.
Con iso tratan de pór fin ás acusacións de sexismo e machismo que parecen centrar moitas informacións non deportivas do Mundial.
Nese contexto, a FIFA rexistrou preto de nbsp;medio¢enar de casos de acoso sexista, 15 deles a xornalistas, durante o Mundial, informou o mércores durante o panel de discusión sobre Diversidade e Antidiscriminación presentado no estadio Luzhniki de Moscova. "Ata o momento, rexistramos 30 casos de sexismo, a maioría a mulleres rusas que foron abordadas por parte de afeccionados doutros países, e houbo outros 15 casos de acoso a xornalistas. Este número pode ser dez veces maior, pero moitos non son rexistrados", informou Piara Powar, director executivo de FARE, a entidade encargada pola FIFA para monitorizar a discriminación e o racismo no fútbol.
A estes afeccionados retiróuselles o FAN ID, a identificación que necesitan os afeccionados e que funciona en realidade como un visado, o que supón, na práctica, a súa expulsión do país. "Estes casos rexistráronse fóra dos estadios e sabemos deles polos medios ou as redes sociais, que nos permiten monitorizar dunha mellor forma", indicou Federico Addiechi, presidente da Comisión para a Diversidade e Antidiscriminación da FIFA.
Addiechi considera que, en Rusia, "non se deu unha situación diferente" á que se deu durante o Mundial de Brasil, hai catro anos.