domingo. 16.05.2021 |
El tiempo
domingo. 16.05.2021
El tiempo

A Fiscalía da Coruña investigará a viaxe do Fuenlabrada

José Rodríguez, desde su hotel de A Coruña. EFE
O futbolista do Fuenlabrada José Rodríguez, desde o hotel da Coruña onde o equipo permanece confinado. CABALAR (EFE)
O procedemento determinará se os feitos teñen alcance penal

A Fiscalía da Coruña abriu dilixencias de investigación sobre a viaxe do CF Fuenlabrada á Coruña por se se cometeu un delito ao non comunicar o brote de coronavirus que puido haber detectado o pasado fin de semana en Madrid e despois emprender o traxecto co resto do persoal cara á cidade galega. 

"A investigación ten como obxectivo esclarecer os feitos e determinar se os mesmos teñen alcance penal", informan a Efe fontes da Fiscalía, que engaden que "o procedemento ten carácter reservado, polo que non se informará do mesmo ata a súa conclusión". 

O Concello da Coruña presentou este xoves ante o Fiscal Xefe da Audiencia Provincial da Coruña un "extenso" escrito para que "se depuren responsabilidades", no caso de que as houber, ben "penais" ou ben "por vía administrativa", polo que considera unha "neglixencia" neste caso. 
"A partir do momento no que se toman dilixencias o asunto deixa de estar nas nosas mans e eu vou ser strong>extremadamente prudente e non haberá máis comentarios", dixo en declaracións aos xornalistas este venres a alcaldesa da Coruña, Inés Rey

Respecto ao incremento do brote no club madrileño, que pasou a ter 12 contaxiados confirmados na Coruña, a rexedora indicou que "o impacto xa foi bastante doloroso o propio luns e isto o único que fai é confirmar que efectivamente había un brote no equipo". 

Así mesmo, engadiu que "os futbolistas e o persoal do equipo" que están contaxiados "son os que peor o están pasando", polo que lles desexou unha pronta recuperación. 

Tamén agradeceu ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que "apoie" a posición do Concello porque "non queda outra" que abrir ese expediente informativo por se se cometeu unha "irregularidade".

A Fiscalía da Coruña investigará a viaxe do Fuenlabrada
comentarios