Un galego proclámase campión do mundo de ironman e pídelle matrimonio á súa noiva

Nada máis cruzar a meta, o sarrián Iván Cáceres axeonllouse ante a súa parella, que aceptou sen dubidar

O sarrián Iván Cáceres proclamouse este domingo de madrugada campión do mundo de ironman (no grupo de idade de 30-34 anos), disputado en Kona (Hawai), sendo decimoséptimo na clasificación xeral.

Nada máis cruzar a liña de meta, Cáceres (que pertence ao Club Diablillos de Madrid) pediu matrimonio á súa parella, Verónica, que aceptou. Cáceres marcou un tempo en meta de 8:47:08 horas e o maratón final cubriuno en 2.55:42 horas. Cabe destacar que as distancias do ironman son: 3,8 quilómetros de natación, 180 quilómetros de ciclismo e 42,1 de carreira a pé.

Os alemáns Jan Frodeno e Anne Haug proclamáronse campións do mundo na categoría absoluta.

Comentarios