Gómez Noya márcase un man a man con Heredeiros da Crus en 'Land Rober'

O pentacampeón do mundo de tríatlon acudiu ao programa da TVG onde demostrou os seus dotes de rockeiro

Gómez Noya en Land Rober.TVG
photo_camera Gómez Noya en Land Rober.TVG

O atleta galego Javier Gómez Noya pasou o pasado xoves polo programa da TVG Land Rober, onde demostrou que ademais de pentacampeón do mundo de tríatlon, tamén sabe darlle cana á guitarra eléctrica.

Roberto Vilar entrevistou ao Hawai de disputar o ironman disputado estós días na illa de Kona.

Durante a entrevista Vilar sorprendeu ao atleta propóndolle tocar a guitarra eléctrica, unha das súas afeccións. Nun primeiro momento o atleta atreveuse cuns acordes para romper o xeo. A entrevista proseguiu con normalidade ata que Vilar invitou a Tucho, guitarrista de Heredeiros da Crus, a pasar ao escenario. Foi entón cando ambos comezaron a improvisar a dúo sobre o clásico do grupo ribeirense Churras, churras e posteriormente sobre o tema de AC/DC Highway to Hell.

Comentarios