A ITF aproba o 'formato Piqué' para a Copa Davis do próximo ano

Así funciona o novo sistema, impulsado por un grupo que preside o central do Barcelona

Gerard Piqué, en rueda de prensa. ANDREU DALMAU (EFE)
photo_camera Gerard Piqué, en rolda de prensa. ANDREU DALMAU (EFE)

A asemblea da Federación Internacional de Tenis (ITF) aprobou en Orlando (Florida, EEUU), co 71,43 por cento de votos favorables, o novo formato da Copa Davis para 2019, impulsado polo grupo do futbolista español Gerard Piqué, que concentrará a 18 equipos nunha sede única durante unha semana.

O presidente da ITF, o estadounidense David Haggerty, asegurou que o novo formato reflexa o que o Consello de Xogadores do ATP suxeriu en 2016 e deixará 25 millóns de dólares anuais para as federacións e 20 para os tenistas.

NOVO FORMATO. O actual sistema de Copa Davis, establecido fai 118 anos, deixará paso ao sistema proposto polo grupo investidor Kosmos, presidido polo futbolista do FC Barcelona e acollido polos dirixentes da ITF

A idea orixinal foi emendada despois de que algúns países –encabezados por Australia– opuxésense abertamente a un torneo de 18 equipos nun sitio neutral, en gran parte debido á perda de partidos en casa.

A proposta aprobada esixe que 24 equipos xoguen partidos de local ou visitante en febreiro, e os 12 gañadores pasen á final. A estes uniríanse os catro semifinalistas do ano anterior e dous equipos de comodín.

A Copa Davis dispútase actualmente durante catro fins de semana en febreiro, xullo, setembro e novembro, as primeiras roldas ao pouco tempo de concluír os torneos de Grand Slam, e moitos dos mellores xogadores non participaron nos últimos anos debido ás preocupacións sobre a programación excesiva no seu calendario de competición.

FASE FINAL. Os equipos que cheguen á final situaranse en seis grupos de tres e xogarán polo sistema de round-robin (todos contra todos), dous partidos de individuais e un de dobres.

Os seis gañadores dos grupos e dous equipos máis coas mellores marcas clasificaranse para cuartos de final.

O novo formato foi ideado de xeito conxunto pola ITF xunto co grupo de investimento Kosmos, fundado polo futbolista do Barcelona Gerard Piqué, que se compromete a un investimento de 3.000 millóns de dólares durante un período de 25 anos.

Comentarios