Javi Gómez Noya proclamouse campión do mundo en Pontevedra. Acompañado no podio por outro galego, o pontevedrés Pablo Dapena, e do esloveno Jaroslav Kovacic, confirmouse como o rei da longa distancia en casa, facéndose co ouro na categoría masculina.
Dapena cede o título mundial ao cinco veces campión do mundo en modalidade olímpica e os dous deron unha alegría aos amantes do deporte reunidos na Boa Vila. A proba, que servía como colofón aos Campionatos do Mundo Multideporte que tiveron lugar durante os últimos días, arrincou cun sector de natación recortado en distancia do que saíu en primeiro lugar o propio Gómez Noya. Por detrás del en catorce segundos situáronse o danés Bakkegard, o francés Fraysse e Dapena.
Gómez Noya e Dapena fundíronse nun abrazo para celebrar o éxito conseguido
Esa distancia neutralizouse durante o tramo de bicicleta, no cal se formou un grupo de cabeza que permitiu que entre o primeiro e o sétimo apenas houbese 11 segundos de desvantaxe. Alí aguantaron os dous triatletas galegos do mesmo xeito que Albert Moreno. Chegou entón a carreira a pé e rompeu todo. Na primeira das catro voltas Gómez Noya situouse á fronte sacándolle dezasete segundos a Dapena e vinte e oito ao neozelandés Bozzone. Por entón Moreno era cuarto, albergando as esperanzas dun podio completamente español.
Á conclusión da segunda o líder xa contaba cunha renda dun minuto mentres que só Bozzone parecía aguantar o ritmo de Dapena por detrás ata que este logrou despegarse para afrontar con tranquilidade os últimos quilómetros. Finalmente, acirrado por un público que non deixou de animar durante todo o percorrido, especialmente aos participantes de casa, Gómez Noya acabou cruzando a meta como campión cun rexistro de 05:05:39.
Por detrás chegou Dapena, quen entrou andando e dándose un baño de multitudes. Ambos se fundiron nun abrazo para celebrar o éxito conseguido. En canto a Kovacic resistiu as acometidas do danés Hogenhaug, vendo así premiada a súa regularidade e a súa constancia cun bronce.
\
Jgomeznoya the new Long Distance World Champ! #itupontevedra19 < href="https://t.co/ag8DVGrkzl">pic.twitter.com/ag8DVGrkzl<> — ITU Multisport (\ITUmultisport) 4 de maio de 2019<>