viernes. 24.09.2021 |
El tiempo
viernes. 24.09.2021
El tiempo

Javier Gómez Noya regresa ao Mundial cunha prata en Bermudas

Javier Gómez Noya. DP
Javier Gómez Noya. DP

O tamén español Fernando Alarza acabou na novena praza a 53 segundos do gañador

O español Javier Gómez Noya, único quíntuplo campión da historia do tríatlon, regresou este sábado ás Series Mundiais cun segundo posto, só superado polo francés Dorian Coninx, na segunda cita do ano, disputada en Hamilton, capital de Bermudas.

Gómez Noya terminou a carreira na segunda praza, tras superar no esforzo final ao noruegués Gustav Iden, ambos a dous segundos de Coninx, que lanzou un ataque demoledor no último quilómetro.

O galego, subcampión olímpico en Londres 2012 e cuádruplo campión de Europa, regresou este sábado ao Mundial, á distancia olímpica, tras un ano centrado no Ironman.

"Foi unha carreira moi dura. No último sprint non me deixei nada e polo menos puiden superar a Gustav. Estou feliz coa miña carreira de regreso", dixo o galego nada máis terminar.

"Non fixen a miña mellor carreira, sobre todo no tramo de natación. A miña meta é clasificarme para Toquio 2020, a miña ultima oportunidade de ser olímpico", agregou.

O tamén español Fernando Alarza acabou na novena praza 53 segundos do gañador, mentres que Mario Mola, gañador da carreira inaugural en Abu Dabi, perdeu as súas opcións no tramo de natación e acabou no posto vixésimo sexto seis por detrás de Antonio Serrat.

Javier Gómez Noya regresa ao Mundial cunha prata en Bermudas
comentarios