Joana Pastrana, a primeira española campioa do mundo de boxeo

A madrileña fíxose co título ante os seus, en Alcobendas

Joana Pastrana. EFE
photo_camera Joana Pastrana. EFE

España xa conta cunha campioa do mundo de boxeo. Joana Pastrana non deixou pasar a oportunidade de conquistar a versión IBF do cinto planetario do peso mínimo en Alcobendas, ante os seus, despois de dez asaltos nos que non deixou pasar nin unha á turca nacionalizada alemá Oezlen Sahin.

A madrileña xa acaparara toda a atención cando aguantou toda a pelexa en Alemaña ante Tina Rupprecht cunha man rota tras ser recrutada a última hora e apartada dun cartel para o que estaba anunciada en Bilbao. Tras pasar polo quirófano e estar cinco meses parada, volveu ao ring e fíxose con dous títulos de campioa de Europa. Era o seu momento. E tanto. Pastrana conta xa co título de campioa do mundo.

Comentarios