Louzán non descarta aspirar á presidencia da Federación Española dende 2020

"Se hai respaldo maioritario estaremos en condicións de poder pensar sobre esa opción", dixo

El presidente de la Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán. AEP
photo_camera El presidente de la Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán. AEP

O presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, non descartou este xoves optar á presidencia da Real Federación Española de Fútbol (RFEF) a partir de 2020. "Eu quería, e neste momento era o que pediamos, que houbese eleccións desde cero e cando ese proceso se dea así o imos analizar, e se hai respaldo maioritario estaremos en condicións de poder pensar sobre esa opción", asegurou nunha entrevista coa Radio Galega.

Nela, Louzán tamén se referiu ao derbi galego que disputarán o RC Deportivo e o RC Celta o sábado no campo de Balaídos, unha cita descafeinada polo descenso do Deportivo a Segunda División. "Desexo a todos que vivan o derbi coa paixón de ter dous equipos na Primeira División, a mellor Liga do mundo, na que pronto vai volver estar o Dépor, e que o Celta recupere esas posibilidades de estar en Europa", apuntou.

Outro dos temas que analizou o presidente da Federación Galega é a participación do filial do RC Deportivo na fase de ascenso a Segunda División a pesar de non ter opcións de subir de categoría polo descenso do primeiro equipo.

Cuestionado sobre se sería positivo que o club coruñés (segundo clasificado do seu grupo a un punto do líder) renunciase a loitar polo ascenso para que se beneficiase outro equipo galego, neste caso o Rápido de Bouzas (aínda que tamén o Navalcarnero e mesmo o Talavera terían opcións de ser quintos), dixo que é algo que lle corresponde ao Deportivo.

"É unha valoración que debe pensar e facer o propio Deportivo. Se puidese beneficiar a un equipo galego entenderíao como beneficioso, pero a última palabra tena o Deportivo e a el correspóndelle esa decisión", sostivo.

Comentarios