Morre Bjorg Lambrechet tras unha forte caída na Volta a Polonia

O ciclista belga de 22 anos perdeu o control da súa bicicleta tras unha xornada de choivas intermitentes e estrelouse contra un sumidoiro de formigón
Bjorg Lambrecht. TWITTER
photo_camera Bjorg Lambrecht. TWITTER

O belga Bjorg Lambrecht (do equipo Lotto Soudal) morreu este luns tras sufrir unha grave caída no transcurso da terceira etapa da Volta a Polonia. O ciclista foi reanimado polo persoal sanitario da carreira e trasladado ao hospital onde faleceu tras chegar en estado crítico.

Nunha xornada marcada polas choivas intermitentes no tramo entre Chorzów e Zabrze, Lambrechet perdeu o control da súa bicicleta e estrelouse cun sumidoiro de formigón a 50 quilómetros de meta. O belga foi reanimado e trasladado de urxencia ao hospital de Rybnik, onde faleceu na mesa de operacións, segundo asegurou Michal Sieron, portavoz do Hospital. "Chegou ao hospital en estado crítico e, desafortunadamente, durante a operación faleceu", explicou.

Lambrechet, de 22 anos, tiña no seu haber un cuarto e quinto posto na Flecha Valona e a Flecha Brabanzona, así como un sexto posto na Amstel Gold Race, aínda que o seu logro máis destacado foi segundo posto na Volta ao País Vasco deste ano tras baterse co francés Julian Alaphilippe. No mes de xuño anunciou a súa renovación pola escuadra Lotto Soudal ata 2021 con vistas a ser o corredor principal.

"A maior traxedia posible que podería suceder á familia, amigos e compañeiros de equipo de Bjorg ocorreu.... Descanse en paz Bjorg", sinala o equipo belga na súa conta de Twitter.

Comentarios