Unha muller denuncia a Neymar por violación

Os feitos ocorrerían nun hotel de París o 15 de maio

Neymar disfrutó la pasada semana del desfile de la escuela de samba del Grupo Especial Vila Isabel, en Río de Janeiro. ANTONIO LACERDA (EFE)
photo_camera Neymar. ANTONIO LACERDA (EFE)

Unha muller denuncia ser violada por Neymar, futbolista do PSG e ex do Barcelona. Segundo a web brasileira UOL, a denunciante sitúa os feitos nun hotel de París o pasado 15 de maio.

Ambos coñecéronse, segundo esta web, a través de Instagram. A muller asegura que Neymar chegou ao hotel baixo os efectos do alcol e moi agresivo.

O astro brasileiro atópase concentrado con Brasil para xogar a Copa América.