Özil: "Non xogarei con Alemaña mentres teña este sentimento de racismo"

O xogador do Arsenal deixa a selección tras a polémica suscitada pola súa foto con Erdogan

Mesut Özil. TWITTER (@MesutOzil1088)
photo_camera Mesut Özil. TWITTER (\<sent\>MesutOzil1088)

A través da súa conta en Twitter Mesut Özil anunciou que deixa a selección alemá. O xogador, con raíces en Turquía, denuncia o "racismo" e a "falta de respecto" por parte da afección nos últimos meses. 

A polémica comezou cunha foto do xogador do Arsenal con Erdogan, presidente de Turquía. Özil aclarou que se realizou esta instantánea por respecto ao país dos seus pais e que a fixo con calquera presidente de Turquía, sen importar quen fose.

Por mor deste momento Özil comezou a ser apupado pola afección alemá, o que lle levou a tomar a decisión de non volver ser parte do equipo nacional. 

Comentarios