Pipi Estrada anuncia a morte de Michael Robinson e este desméntea

O inglés asegurou que segue na loita contra o cancro que padece
Generated by  IJG JPEG Library
photo_camera Michael Robinson

O xornalista deportivo Pipi Estrada, colaborador de O Chiringuito, protagonizou na noite deste martes un desagradable erro ao anunciar en Twitter a morte de Michael Robinson, comentarista de Movistar e da Cadea Ser e que antes foi xogador do Liverpool e o Osasuna, entre outros equipos.

1587519463047

"Un bico enorme para a familia de Michael Robinson. D.E.P.", escribía Estrada. Foi o propio Michael Robinson o que saíu a desmentir a noticia. "Para todos os que estades a preguntar, dicirvos que sigo na loita. Moitas grazas polo voso interese e as vosas mostras de agarimo", escribiu. 

"Vexo que nunca camiñarei só, escóitovos como en Anfield: You'll never walk alone. Grazas de corazón e moito ánimo no confinamento", engadiu o inglés, que loita contra un cancro desde hai uns meses.

Estrada retirou o tuit pouco despois, pero non se lilbró dunha chea de reaccións nas redes sociais contra da súa actitude 

Comentarios