Piqué confirma que non volverá xogar coa selección española

O defensa do Barcelona asegura que xa falou con Luis Enrique

Gerard Piqué. EFE
photo_camera Gerard Piquei. EFE

O defensa do Barcelona Gerard Piqué confirmou este sábado que non volverá xogar con España, a pesar de que a selección inicia unha nova etapa co que fora o seu adestrador no conxunto azulgrana, Luis Enrique Martínez.

"Falei con Luis Enrique hai unha ou dúas semanas. Chamoume e comenteille que a decisión estaba tomada hai tempo e que era unha decisión moi meditada", afirmou na rolda de prensa previa á final da Supercopa de España que este domingo enfrontará ao Barça co Sevilla.

Neste sentido, Piqué destacou que a súa etapa defendendo a Vermella foi "moi bonita", pois con ela gañou unha Eurocopa e un Mundial, pero que xa forma parte do pasado.

"Agora quero centrarme no Barça. Espero que me queden moitos anos aquí e quero gozalos moitísimo", concluíu.

Comentarios