O estadio de Riazor acolleu este mércores o LXXIII Torneo Teresa Herrera —o VI na súa edición feminina—. A histórica imaxe que supuxo que xogasen os mesmos clubs —Deportivo e Athletic— en ambas as categorías, quedou embazada pola notable diferenza de tamaño dos trofeos masculino e feminino, que foron nos dous casos para a entidade vasca.
Trátase da mesma réplica da Torre de Hércules, pero a que se entregou aos xogadores do Athletic de Bilbao parece unha miniatura á beira da que levaron os seus compañeiros homes. E en efecto éo, pois ten uns 50 centímetros menos de altura que o trofeo masculino, un dos máis grandes do mundo.
A gran diferenza entre as presas non pasou desapercibida para os seguidores dos partidos deste mércores e foi un dos aspectos máis comentados en Twitter.
#TeresaHerrera Cuando lo pides por Internet, cuando te llega a casa. pic.twitter.com/3kPdTrz7oq
— AitorK (@Ak47tv) 15 de novembro de 2018
Inaceptable @RCDeportivo, #TeresaHerrera #igualdad #_nosotrAs pic.twitter.com/P0jCXZ7dDD
— Diana Ortega (@DianaOrtegaG) 15 de novembro de 2018
El mundo está montado así, aunque muchos y algunas no lo quieran ver.#DemasiadaDiferencia #TeresaHerrera pic.twitter.com/VPByk3uG0P
— Ansel (@anselcr) 15 de novembro de 2018