A pontevedresa Paula Dapena, xogadora do Viaxes Interrías, converteuse nunha das protagonistas deste domingo no deporte. A súa negativa a homenaxear a Maradona no minuto de silencio que se gardou no amigable que enfrontou ao seu equipo contra o Deportivo en Riazor levouna ás portadas da prensa deportiva de todo o país.
A xogadora, fiel ás súas ideas feministas, púxose de costas durante o minuto de silencio ao non entender que se lle faga unha homenaxe a un "violador, pedófilo, puteiro e maltratador", como dixo en declaracións Pontevedra Viva.
Nunca fue fácil remar contracorriente. Y eso es de admirar hoy en día pic.twitter.com/lLOsDCoezh
— Susana Vila ♡ (@Susana_Vila) November 29, 2020
A acción de Dapena, neta de Cholo, histórico do Pontevedra do Hai que Roelo, gañouse moitos aplausos este domingo nas redes sociais. "Avanzaches anos na loita por sentarte nun minuto de silencio", escribía un usuario de Twitter.
Tamén houbo quen a criticou e incluso celebrou que o seu equipo, o Viaxes Interrías, de Primeira Nacional, perdese por 10-0 no amigable contra o Deportivo, da liga Iberdrola.Hiciste muchísimo hoy Dapena, avanzaste años en la lucha por sentarte en un minuto de silencio. Sos una heroína la verdad para un poco déjale un poco de revolución al resto. https://t.co/6HcmDkVvie
— Budín fantasía de limón (@Budin_chigurh) November 29, 2020
10 a 0 perdió el equipo de Paula Dapena? pic.twitter.com/CN7pp9bC0E
— almuerto dehambrez (@UnHilo) November 29, 2020