Unha moza promesa da escalada falece aos 16 anos nun accidente

Loce Douady era campioa do mundo xuvenil
 
Luce Douady. TWITTER @DESNIVELADOS
photo_camera Luce Douady. TWITTER @DESNIVELADOS

O mundo da escalada está de loito tras o falecemento de Luce Douady. Aos seus 16 anos, esta nova promesa morreu tras precipitarse cando escalaba durante unha excursión con amigos en Crolles.

"Con gran tristeza, decatámonos da tráxica perda da escaladora francesa Loce Douady, aos 16 anos", anunciou a Federación Internacional de Escalada Deportiva (IFSC). "Os pensamentos e oracións da IFSC están coa familia e amigos de Loce neste momento tráxico", engadiu.

Douady lograra en 2019 o título de campioa no Mundial xuvenil e o bronce no Europeo de Dificultade.

Comentarios