¿Que lles pasa a Valverde e Messi?

Algúns medios apuntan que o arxentino foi suplente o sábado non polas rotacións senón como 'castigo' do adestrador

Valverde, con Messi detrás. EFE
photo_camera Valverde, con Messi detrás. EFE

¿Que pasa con Lionel Messi e Ernesto Valverde? ¿Hai distanciamento ou non? ¿Por que o arxentino falou tras o partido co Athletic, o terceiro sen gañar, para criticar algúns aspectos do equipo? Son algunhas preguntas que se fan os barcelonistas e para as que non hai unha resposta clara.

Algúns medios -principalmente estranxeiros- apuntan que Messi ausentouse dunha charla do técnico tras a derrota contra o Leganés. Outros falan dunha comida á que non asistiría. En calquera caso, as dúbidas volven sobre Valverde, que afrontará un mes de outubro moi esixente para o FC Barcelona. O adestrador, que estaba a piques de renovar, podería estar cuestionado tanto polo astro arxentino como por algúns membros da directiva.

Outro que tamén está cuestionado é Gerard Piqué, ao que algúns compañeiros responsabilizan de goles encaixados ante o Xirona, o Leganés e o Athletic de Bilbao tras clamorosos fallos que non adoitan ser habituais nun central da súa calidade.

Malia o mal xogo e os malos resultados, o Barça segue líder na liga, empatado a puntos co Real Madrid. De todos os xeitos, as próximas semanas poden despexar algunhas incógnitas. 

Comentarios