O Real Madrid anuncia a fichaxe de Jovic

Luka Jovic celebra un gol con el Eintracht. WILL OLIVER (EFE)
photo_camera Luka Jovic celebra un gol co Eintracht. WILL OLIVER (EFE)

Luka Jovic, dianteiro internacional por Serbia, é novo xogador do Real Madrid, segundo anunciou o club, e asinará polas seis próximas tempadas tras ser aos seus 21 anos unha das grandes sensacións do fútbol europeo esta tempada, tras marcar 27 goles para o Eintracht de Frankfurt.

Segundo diversas informacións, o traspaso terá un custo de 60 millóns de euros –especúlase con que na operación tamén están pactados outros cinco millóns en variables–.

A segunda fichaxe do novo proxecto de Zinedine Zidane no Real Madrid, tras o central brasileiro Eder Militao, chega para reforzar a dianteira madridista .

Jovic é internacional absoluto coa selección de Serbia e chamou a atención de todos os grandes do fútbol europeo co seu rendemento no Eintracht de Frankfurt, onde en 48 partidos marcou 27 goles e repartiu sete asistencias. 

Comentarios