O Real Madrid confirma a Solari como técnico do primeiro equipo

A vitoria en Vigo, determinante para a continuidade do arxentino

2018103014590799655
photo_camera Santiago Solari. EFE

Santiago Solari xa é para todos os efectos adestrador do primeiro equipo do Real Madrid, tras pechar con pleno de triunfos os catro partidos como interino, e nas próximas horas reunirase co presidente Florentino Pérez para acordar unha subida salarial e o tempo de duración do novo contrato.

Nunha conversación que mantiveron en Balaídos á conclusión do partido contra o Celta, Florentino Pérez emprazou ao técnico arxentino a un encontro esta semana no estadio Santiago Bernabéu.

Producirase nas próximas horas, segundo informaron a EFE fontes do Real Madrid, co desexo do presidente de normalizar a situación e situar ao seu adestrador ao nivel salarial que corresponde a un técnico na elite.

A intención de Solari é aceptar a proposta que reciba, sen ningunha esixencia e centrado en triunfar na súa primeira oportunidade nun banco profesional tras formarse nas categorías inferiores do club branco.

As conclusións da reunión trasladaraas Florentino Pérez á súa xunta directiva.

O club deixará en mans de Solari oficializar o acordo cun comunicado ou unha presentación que o técnico arxentino non desexa unha vez dirixidos catro encontros ao primeiro equipo.

Cumpridas as dúas semanas nas que o novo técnico do Real Madrid podía estar como interino, a Real Federación Española de Fútbol (RFEF) xa recibiu a notificación da licenza de Solari con contrato para o primeiro equipo, que se actualizará cando se peche o novo acordo entre técnico e club.

Comentarios