Scaloni, atropelado cando montaba en bicicleta en Mallorca

O seleccionador arxentino e ex xogador do Deportivo recibiu varios puntos de sutura 

Lionel Scaloni, técnico da selección arxentina de fútbol, deu as grazas polas mensaxes de apoio que recibiu tras coñecerse que sufrira un accidente e, xunto a unha foto na que mostra as mazaduras sufridas na cara, engadiu de forma irónica: "Un par de puntos e a casa".

O técnico arxentino, que ten unha residencia en Calviá, foi arroiado ás 10 da mañá por un coche que daba marcha atrás nun aparcadoiro público que hai fronte ao colexio Ágora de Portals Nous.

O ex xogador do RCD Deportivo e o Mallorca foi golpeado cando ía na súa bicicleta e caeu ao chan. O propio condutor do coche foi o que avisou ao servizo de urxencias 112 para que enviasen unha ambulancia.

Tras pasar unhas horas en observación no Hospital Universitario Son Espases de Palma, Scaloni recibiu a alta médica sobre as 13.30, indicaron a Efe fontes hospitalarias.

"Moitísimas grazas polas mensaxes recibidas, un par de puntos e a casa! Grazas a todos", publicou na súa conta Scaloni, xunto a unha fotografía na que se observa as feridas que sufriu no rostro.