Sergio Ramos denuncia extorsión e levará o caso do seu positivo aos tribunais

O capitán do Real Madrid asegura que nunca incumpriu norma algunha e que todo se debeu a un antiinflamatorio

Sergio Ramos, durante un entrenamiento. AEP
photo_camera Sergio Ramos, durante un entrenamiento. AEP

Sergio Ramos, capitán do Real Madrid, denunciou este sábado que foi vítima dun intento de extorsión un mes e medio antes da publicación de dúas presuntas irregularidades en controis antidopaxe polo semanario alemán Der Spiegel, tras filtración de Football Leaks, e defendeu a súa inocencia.

"Estou tranquilo, dóeme e tomarei co meu equipo legal as medidas oportunas ante esta xente que intenta manchar a miña imaxe e a miña carreira profesional. Logo de quince anos, xamais me neguei a un control antidoping, todo o contrario. Nunca incumprín ningunha norma e pasaría máis de 300 controis", asegurou na zona mixta de Ipurua.

"Avisáronnos de que tiñan esta noticia e intentaron subornarnos"

Sergio Ramos denunciou un intento de extorsión: "Avisáronnos hai un mes e medio de que tiñan esa noticia e intentaron subornarnos, con diñeiro e outras cousas. Pola nosa banda e do club estamos moi tranquilos, dixémoslles que podían soltar a noticia cando quixesen. Cando un é posuidor da verdade pode actuar con total normalidade e a mentira por moito que se conte, non deixa de ser mentira".

O positivo foi por un "antiinflamatorio"

O corticoide que xerou a situación, explicou o capitán madridista que "é un antiinflamatorio" que utilizou cando estivo lesionado do ombreiro: "Cando se usou deuse a información aos médicos de Uefa e quedou pechado. O de Málaga explicouse moi ben, sempre nos duchamos nos controis, non hai nada en contra, eu non me neguei e cando me dixo que me podía duchar fíxeno".

Asegurou Ramos que dorme "moi tranquilo" e que só dá "positivo en horas de traballo", antes de deixar unha mensaxe aos seus críticos.

"Levo moito tempo na crista da onda e gozo, ao que lle foda que se meta en auga. Eu vou seguir dando o mellor do meu, sendo o máximo profesional que sempre fun que é o xeito que me ensinaron para intentar estar á altura do escudo que levo no peito", concluíu.

Comentarios