lunes. 26.10.2020 |
El tiempo
lunes. 26.10.2020
El tiempo

Setién anuncia accións legais contra o Barcelona pola súa liquidación

Quique Setién. EUROPA PRESS
Quique Setién. EUROPA PRESS
Asegura que o club lle comunicou o seu despedimento este mércores e non lle abonou os seus emolumentos ► Recollen 21.000 firmas para a moción contra Bartomeu

Quique Setién, a través dun comunicado, anunciou accións legais contra o FC Barcelona, ao que acusa de non comunicarlle oficialmente o seu despedimento ata este mércores, un mes despois de que Josep María Bartomeu o anunciase publicamente.

E non só iso, o exadestrador de CD Lugo e o Betis asegura que non se lle fixo liquidación algunha dos emolumentos que quedaban por percibir. O cántabro, destituído tras o 2-8 contra o Bayern, tiña contrato ata 2021 e, segundo algúns medios, reclámalle catro millóns de euros ao Barcelona.

O comunicado difundido este xoves tamén está asinado polo resto de membros do seu equipo: Eder Sarabia, Fran Soto e Jon Pascua. Nel tamén se menciona a "sorpresa" coa que foi recibida a intención do club de acometer "unha futura recolocación" dos axudantes de Setién na estrutura do Barcelona.

Mentres Setién non firme a liquidación, a ficha de Ronald Koeman non poderá ser tramitada, polo que o holandés non se podería sentar no banco azulgrana en partidos oficiais.

MOCIÓN CONTRA BARTOMEU. Por outra banda, os impulsores da moción de censura contra o presidente do FC Barcelona, Josep Maria Bartomeu, e a súa xunta directiva presentaron 20.731 firmas nas oficinas do club esta tarde de xoves, o cal supón a cifra máis alta da historia do FC Barcelona neste tipo de iniciativas. Así, superan con fartura as 16.521 necesarias para levar a moción de censura a un referèndum e, agás sorpresa no proceso de validación das firmas, conseguirán o seu obxectivo de que a continuidade da xunta de Bartomeu sexa votada polos socios.

A partir de agora, empezará un período de 10 días no que o club constituirá unha mesa de validación e, cando esta estea formada, contará con outros 10 días para levar a cabo o traballo. 

Segundo o precandidato Jordi Farré, impulsor e responsable xurídico da moción, "Bartomeu tería que dimitir hoxe mesmo". Estivo de acordo con esta sentenza un dos portavoces da moción, Marc Duch, quen dixo que "se fose Bartomeu estaría a tremer no despacho logo de ver que o 20% dos socios do meu club quérenme fóra. Eu dimitiría seguro".

Setién anuncia accións legais contra o Barcelona pola súa liquidación
comentarios