Suspenden en Irán a emisión do Augsburgo-Bayern porque arbitraba unha muller

A televisión estatal intentou primeiro, sen éxito, censurar as imaxes nas que se vía á colexiada Bibiana Steinhaus

Bibiana Steinhaus y Thiago Alcántara. EFE
photo_camera Bibiana Steinhaus y Thiago Alcántara. EFE

A televisión iraniana IRIB suspendeu a emisión do Augsburgo-Bayern de Múnic, que se disputou esta fin de semana, porque o arbitraba unha muller. Aínda que nun principio a canle estatal intentou censurar as imaxes nas que saía a colexiada Bibiana Steinhaus, ao comprobar que non podía decidiu deter a retransmisión amparándose na lei islámica.

O partido acabou con vitoria do Bayern, que os espectadores iranianos non puideron ver. 

Comentarios