Tino Fernández ofrece a Capdevila ser director de relacións deportivas no Dépor

O candidato á presidencia do club coruñés tamén ofrece ao exxogador formar parte do seu equipo

Joan Capdevila. AEP
photo_camera Joan Capdevila. AEP

O presidente do RC Deportivo, Tino Fernández, ofreceu ao exfutbolista do conxunto coruñés e campión de Europa e do mundo coa selección española Joan Capdevila ser o director de relacións deportivas da entidade branquiazul se sae reelixido presidente.

Fernández presentou este martes o seu proxecto para os próximos cinco anos no Deportivo e anunciou a incorporación dun enlace entre o club e o persoal sen revelar o nome co que quere contar e que confirmou este mércores no acto de presentación do novo adestrador branquiazul, Natxo González.

O presidente do Deportivo explicou que mantivo "conversacións" con Capdevila para ofrecerlle o posto de director de relacións deportivas e engadiu que o exfutbolista "está a valoralo".

Tamén apuntou que "o que lle pode facer dubidar" a Capdevila para aceptar a súa oferta é "máis un tema familiar que outra cousa".

O outro candidato á presidencia do Deportivo, Miguel Otero, tamén revelou a semana pasada contactos con Capdevila para formar parte do seu equipo.

Comentarios