Vidal, multado con 800.000 euros por unha pelexa nunha discoteca en Alemaña

O internacional participou nunha liorta en setembro de 2017 xunto ao seu irmán

Arturo Vidal. ENRIC FONCUBERTA (EFE)
photo_camera Arturo Vidal. ENRIC FONCUBERTA (EFE)

O internacional chileno Arturo Vidal, actualmente no FC Barcelona, deberá pagar unha multa de 800.000 euros pola súa participación nunha pelexa nunha discoteca alemá, xunto co seu irmán, en setembro de 2017.

Así o decidiu un tribunal de primeira instancia de Múnic tras considerar os feitos ocorridos cando Vidal aínda estaba ao servizo do FC Bayern Múnic na discoteca Crown's Club.

Vidal e o seu irmán, que tamén foi multado, poden recorrer a decisión ou aceptar a multa, o que lles evitaría pasar polos trámites dun xuízo.

Segundo a fiscalía, Vidal viuse primeiro involucrado nunha discusión e logo, xunto co seu irmán, agrediu a outros dous homes que sufriron feridas leves.

Ningún dos dous irmáns compareceron este xoves ante o tribunal.

Comentarios