sábado. 04.07.2020 |
El tiempo
sábado. 04.07.2020
El tiempo

Xa é oficial: Fernando Vázquez regresa ao Deportivo

Fernando Vázquez, tras conseguir o ascenso co Dépor. ARQUIVO
Fernando Vázquez, tras conseguir o ascenso co Dépor. ARQUIVO
O técnico de Castrofeito asinará ata o ano 2022

Fernando Vázquez é o novo adestrador do Deportivo da Coruña. Era un segredo a voces que agora é oficial.

O Dépor anunciouno mediante un vídeo en Twitter, no que informan de que esta etapa durará, polo menos sobre o papel, ata 2022.

O preparador de Castrofeito volve dirixir ao conxunto coruñés, tras o seu último período no 2013 cando conseguiu o ascenso.

Fernando Vázquez toma as rendas do equipo este luns para porse á fronte do primeiro adestramento tras a pausa de Nadal.

Xa é oficial: Fernando Vázquez regresa ao Deportivo
comentarios