O excentrocampista do Barcelona Xavi Hernández foi pai este luns en Catar por segunda vez, segundo anunciou o xogador español a través de Instagram. A esposa do futbolista, Nuria Cunillera, deu a luz a Dan Hernández Cunillera, o novo integrante na familia do capitán do Al Sadd catarí.
Dan únese á súa irmá Asia, tamén nacida en Catar en xaneiro de 2016.
Xavi publicou unha fotografía do seu fillo na súa conta de Instagram na que lle deu a benvida e na que expresou o seu orgullo pola súa muller.
O futbolista de 38 anos, xoga no Al Sadd desde 2015, ano no que se retirou do Barcelona, club no que se formou e no que militou a maior parte da súa carreira deportiva.