A xenial resposta a unha pintada contra Lucas Pérez na Coruña

Un veciño, cansado, escribiu: "Lucas Pérez xa non vive aquí, parvo"

Pintada contra Lucas Pérez. (TWITTER @partidazocope)
photo_camera Pintada contra Lucas Pérez. (TWITTER \<sent\>partidazocope)

O mal momento que atravesa o Deportivo reflíctese también na indignación dos seus afeccionados. Un deles fixo unha pintada contra Lucas Pérez nun muro da cidade da Coruña, de onde é natural o ídolo branquiazul: "Lucas Pérez, vaite xa".

Isto non pasaría de a categoría de anécdota de non ser pola resposta que lle deu un veciño da zona, cansado, aparentemente, das pintadas contra o dianteiro coruñés: "Lucas xa non vive aquí, parvo". A imaxe difundiuna Germán Dobarro, xornalista da Cope.

Comentarios