Un xuíz cita a Gerard Piqué por conducir sen puntos 

Enfróntase a un presunto delito contra a seguridade de tráfico

Gerard Piqué. EFE
photo_camera Gerard Piqué. EFE

O titular do Xulgado de Instrución 27 de Barcelona citou a declarar como investigado ao xogador do FC Barcelona Gerard Piqué para este luns 26 de novembro ás 13:00 horas por presuntamente conducir sen puntos do carné de conducir. 

Segundo informou este venres o Tribunal Superior de Xustiza de Catalunya (TSJC), Piqué está citado a declarar na Ciutat da Justícia de Barcelona, en calidade de investigado, por un presunto delito contra a seguridade do tráfico. 

O xulgado abriu dilixencias de investigación despois de que o futbolista fose denunciado pola Garda Urbana o venres 31 de agosto. 

Os axentes descubriron que o futbolista circulaba sen puntos do carné tras darlle o alto nunha rúa do Eixample pouco antes das 15:00 horas, onde comprobaron que o seu permiso de conducir fóra retirado por outras infraccións. 

O Xulgado pediu antes de citar ao xogador que a Dirección Xeral de Tráfico (DXT) comunicase formalmente se a perda de puntos foi de forma persoal, segundo establece a lei. 

Comentarios