sábado. 06.06.2020 |
El tiempo
sábado. 06.06.2020
El tiempo

Abanca condona tres meses o aluguer a usuarios do Fondo Social de Vivenda

Juan Carlos Escotet. EP
Juan Carlos Escotet. EP
Poderán beneficiarse aquelas familias que se quedaron en situación de desemprego ou autónomos que vexan diminuídos os seus ingresos en máis dun 30% 

Abanca acordou condonar tres meses o pago do aluguer ás familias que habiten en vivendas propiedade da entidade en España que estean acollidas ao Fondo Social de Vivenda (FSV) e se viran afectadas pola crise do covid-19.

Así, segundo explicou a entidade nun comunicado, Abanca eximirá a estas familias especialmente vulnerables do pago da renda correspondente aos meses de abril, maio e xuño, para que poidan afrontar esta situación transitoria de perda de ingresos ou desemprego ocasionados pola pandemia por coronavirus e a declaración do estado de alarma.

Poderán beneficiarse da condonación aquelas familias que se quedaron en situación de desemprego ou aqueles autónomos que vexan diminuídos os seus ingresos en máis dun 30% a consecuencia desta crise.

Con esta nova iniciativa, Abanca dá un paso máis no acordo adoptado a última hora deste luns polo conxunto do sector bancario español, de adiamento de ata tres meses do pago destes alugueres acollidos ao FSV.

PLAN ANTICIPAR. A maiores, a entidade ten en marcha desde o pasado día 14 o Plan Anticipar, que inclúe un paquete de medidas extraordinarias para acompañar e axudar ás familias e empresas a paliar os efectos económicos derivados desta crise sanitaria mediante respostas anticipadas de financiamento ou xestión operativa.

Como primeiras accións, a entidade mobilizou 8.300 millóns de euros para atender as necesidades de liquidez de empresas, pemes e autónomos, e adiantou o pago de pensións aos preto de 400.000 clientes que teñen domiciliado este ingreso no banco.

Abanca condona tres meses o aluguer a usuarios do Fondo Social de...
comentarios