Abanca repartirá este martes 12,8 millóns en dividendos a conta do exercicio 2018

O pago en efectivo só poderán recibilo os accionistas que o fosen ás 00,00 horas do pasado 1 de febreiro

Sucursal de Abanca. PEPE FERRÍN (AEP)
photo_camera Sucursal de Abanca. PEPE FERRÍN (AEP)

O consello de administración de Abanca acordou proceder ao pago do dividendo a conta dos beneficios do exercicio 2018 por un importe total bruto de 12,85 millóns de euros ou 0,0057 euros por título. O pago en efectivo realizarase este martes 5 de febreiro.

Segundo informou a entidade á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV), o pago en efectivo só poderán recibilo os accionistas que o fosen ás 00,00 horas do pasado 1 de febreiro.

Esta retribución está suxeita a unha retención fiscal do 19% que se aplicará sobre o importe bruto de cada caso en particular.

O acordo foi igualmente notificado a Cecabank, encargada do rexistro contable de valores anotados en conta, que foi nomeada entidade axente de pagos do dividendo.

Comentarios