Admitida a tramite unha querela contra CaixaBank e Fainé pola compra de BPI

A Audiencia Nacional investígaos por abuso de mercado, administración desleal e delitos societarios

Sede de CaixaBank. AEP
photo_camera Sede de CaixaBank. AEP

A Audiencia Nacional admitiu a trámite unha querela contra CaixaBank e o seu expresidente Isidro Fainé por presuntos abuso de mercado, administración desleal e delitos societarios por operacións complexas no momento da adquisición do banco portugués BPI.

CaixaBank, que mantiña unha participación minoritaria no BPI desde 1995, pechou con éxito en 2017 a súa opa sobre o banco portugués e pasou a controlar o 84,5% do seu capital, grazas a un desembolso de 644,5 millóns de euros.

A querela tamén se dirixe contra o conselleiro delegado de CaixaBank, Gonzalo Gortázar, o ex director xeneral de relacións internacionais Antonio Massanell, dous asesores da presidencia, Alejandro García Bragado e Óscar Calderón, e o director de cumprimento normativo, Juan Antonio Álvarez García. Así mesmo, inclúe a David K.P. Li, conselleiro de Criteria Caixacorp e presidente do Bank of East Asia (BEA).