jueves. 16.09.2021 |
El tiempo
jueves. 16.09.2021
El tiempo

Aprazada a folga no sector de elaborados do mar ao retomarse as negociacións

Folga en Cabomar. CRISTIAN FERNÁNDEZ
Folga en Cabomar. CRISTIAN FERNÁNDEZ

O paro "unánime" deste luns forzou" o cambio de actitude dos representantes empresariais, que sentarán de novo á mesa de negociación, segundo indica a CIG

Os sindicatos anunciaron o adiamento das xornadas de paro previstas para os días 24 e 25 de outubro no sector de produtos elaborados do mar, ante o anuncio da patronal de que está disposta a retomar a negociación do convenio colectivo. 

Segundo informou a CIG, a "folga unánime" deste luns forzou" o cambio de actitude dos representantes empresariais, que sentarán de novo á mesa de negociación para pór fin ao bloqueo instaurado desde o pasado 24 de setembro. Así, o comité de folga desprazarase a Madrid para retomar o diálogo este xoves e o vindeiro luns. 

Ademais das reclamacións salariais –os sindicatos propoñen incrementos graduais para que as traballadoras poidan alcanzar os 14.000 euros anuais–, reclaman a "recuperación de dereitos perdidos" e medidas sociais de conciliación, redución de xornada, licenzas, e outras melloras. 

Este convenio colectivo afecta a uns 9.500 traballadoras –o 75% do persoal está formado por mulleres– en toda España, a maioría delas empregadas en empresas de Galicia. 

A CIG, que segue reclamando un "convenio colectivo galego" para este sector, advertiu de que, no caso de que non haxa avances nas reunións previstas os días 25 e 29 de outubro, a folga retomaríase o 30 e 31 deste mes. 

Aprazada a folga no sector de elaborados do mar ao retomarse as...
comentarios