jueves. 26.11.2020 |
El tiempo
jueves. 26.11.2020
El tiempo

Os desafiuzamentos baixan un 53% en Galicia entre abril e xuño pola folga de Xustiza

Protesta de Stop Desafiuzamentos. AEP
Protesta de Stop Desafiuzamentos. AEP

No segundo trimestre houbo 346 lanzamentos fronte aos 732 do mesmo período de 2017

Os desafiuzamentos de vivendas na comunidade galega descenderon un 52,7% no segundo trimestre deste ano respecto ao mesmo período de 2017 debido á folga dos funcionarios da Administración de Xustiza de Galicia, que durou case catro meses.

Así o indican os datos publicados este luns polas estatísticas do Consello Xeral do Poder Xudicial, que mostran que entre abril e xuño deste ano houbo 346 lanzamentos fronte aos 732 do mesmo período de 2017.

"Esta caída débese, polo menos en parte, á folga de funcionarios que de febreiro a maio afectou ao normal servizo da Administración de Xustiza en Galicia", informa o Tribunal Superior de Xustiza nun comunicado.

Do total de desafiuzamentos, 96 foron consecuencia de execucións hipotecarias, fronte 230 un ano antes, o que supón un descenso de 58,3%.

Os desafiuzamentos baixan un 53% en Galicia entre abril e xuño pola...
comentarios