A empresa Bonilla a la vista estrea o seu primeiro anuncio tras 90 anos de historia

A marca galega publicou a peza audiovisual en redes sociais
Fotograma del spot. BONILLA A LA VISTA
photo_camera Fotograma do spot. BONILLA A LA VISTA

A marca de orixe galega Bonilla a la vista, con fábrica en Arteixo e coñecida mundialmente polas súas patacas fritidas en aceite de oliva, estreou en redes sociais o seu primeiro anuncio audiovisual tras 90 anos de historia.

A firma gravou o pasado verán este anuncio coa participación dos traballadores da factoría de Arteixo, quen mellor coñecen a marca e o produto.

Bonilla a la vista conta neste anuncio a viaxe de ilusión que comeza na fábrica de Sabón e ten como destino o mundo enteiro, un percorrido que realizan a diario millóns de latas de deliciosas patacas fritidas da marca, elaboradas artesanalmente, informan fontes da empresa.

A aposta pola comunicación online de Bonilla a la vista complétase coa nova web corporativa, máis accesible e intuitiva, na que cobra protagonismo unha nova tenda online, de funcionamento moi sinxelo, que permitirá á firma achegar os seus produtos a calquera punto de España.

O produto estrela de Bonilla, as patacas fritas, pode atoparse xa en máis de 20 países, entre eles Reino Unido, Francia, Italia, Estados Unidos, Panamá, Corea do Sur ou Australia.

A marca galega conta con seis locais propios na Coruña nos que poder degustar ademais o seu famoso chocolate con churros.

Comentarios