A campaña de rebaixas de verán xerará 6.000 empregos en Galicia

A contratación na comunidade durante este período será un 4% maior á do ano pasado
Algunos comercios de Pontevedra ya adelantaron los descuentos
photo_camera Algunos comercios de Pontevedra ya adelantaron los descuentos

A campaña de rebaixas de verán xerará 6.100 empregos en Galicia, un 4% máis que durante o ano 2016, segundo as previsións de Adecco, que sitúan á comunidade galega nun punto intermedio en canto a estimacións por autonomías.  

Por provincias, Pontevedra liderará a contratación en Galicia, cos seus 3.000 postos de traballo vinculados ás rebaixas. Séguelle de cerca A Coruña, con 2.400 e con cifras moito máis reducidas quedan Ourense (380) e Lugo (340).

No conxunto estatal, as rebaixas de verán suporán a creación de 155.500 empregos, un 7% máis. Adecco resalta que, un ano máis, o consumo será "o epicentro" desta campaña, que se inicia oficialmente o próximo 1 de xullo na maioría das comunidades autónomas.

Sectores como o de distribución e retail, comercio e loxística e transporte serán os principais motores de creación de emprego, de acordo coas súas previsións.

En concreto, segundo Adecco, a contratación para os sectores de distribución e retail e comercio pode incrementarse ata nun 30% con respecto a outros meses do ano. Se se compara co emprego xerado na mesma campaña de 2016, o crecemento pode chegar nalgunhas zonas ao 20%.

No sector da loxística e o transporte, imprescindible na actualidade polo auxe do e-commerce, o incremento interanual do emprego podería alcanzar o 8%. 

Por comunidades autónomas, serán Cataluña (31.800), a Comunidade de Madrid (21.800) e Andalucía (18.900) as que máis notarán a campaña de rebaixas, xa que xerarán 72.500 empregos entre as tres, preto da metade de todo o país.

Os maiores incrementos, en cambio, experimentaraos a Comunidade de Madrid, cun crecemento interanual do 12%, seguida de Cataluña, que xerará un 10% máis de empregos que en 2016, e a Comunidade Valenciana, que mellorará as súas cifras nun 8%.

Comentarios