As empresas en Erte poden solicitar a súa inclusión na cadea de valor de actividades protexidas

Poderán beneficiarse de exoneracións nas cotizacións de entre o 75 e o 85% en función do número de traballadores

A Consellería de Emprego informou este luns de que as empresas inmersas nun expediente de regulación temporal de emprego (Erte) motivado polo covid-19 cuxa actividade dependa dalgún dos 42 sectores que o Goberno considera especialmente afectados polo coronavirus teñen ata o día 19 para solicitar o seu recoñecemento como parte da cadea de valor. O Diario Oficial de Galicia publicou o formulario a cumprimentar por vía electrónica.

As firmas poderán beneficiarse de exoneracións mensuais nas cotizacións de entre o 75 e o 85% en función do número de traballadores, desde este mes ata xaneiro de 2021.

Corresponde á autoridade laboral galega constatar a vinculación das firmas coas actividades máis afectadas polo coronavirus, como as hostaleiras, turísticas, de espectáculos, editoriais, recreativas ou de transportes

Comentarios