Ence escala un 5% en Bolsa tras pechar varias vendas de celulosa para este ano

As toneladas previstas nos contratos equivalen á capacidade de produción das fábricas de pasta de papel de Pontevedra e Navia
Ence. RAFA FARIÑA
photo_camera Instalacións de Ence en Pontevedra. RAFA FARIÑA

As accións de Ence revalorizáronse máis dun 5% en Bolsa despois de que a compañía papeleira anunciase que ten contratos de vendas de celulosa por un volume de 1.060.000 toneladas para este ano, equivalentes á capacidade de produción das súas fábricas de pasta de papel situadas en Pontevedra e Navia.

Ás 13.00 horas, os títulos da papeleira cambiábanse a 3,708 euros ao subir un 5,34%, fronte aos 3,52 euros aos que terminou a sesión deste mércores.

Nun comunicado, Ence explica que a maior parte dos acordos de venda alcanzados teñen por destino Europa, mercado que "ofrece as maiores marxes de vendas" e no que a empresa ten "fortes vantaxes competitivas loxísticas e de servizo".

Comentarios