lunes. 18.10.2021 |
El tiempo
lunes. 18.10.2021
El tiempo

A Escuela de Finanzas lanza un programa de excelencia directiva

Venancio Salcines. AEP
Venancio Salcines. AEP

Desenvolverase no primeiro semestre de 2019 no campus da institución en Oleiros

A Escuela de Finanzas da Coruña impartirá no primeiro semestre do próximo ano un novo programa de excelencia directiva dirixido a CEOs e directores e "único nas súas características" en España. A iniciativa da institución que preside Venancio Salcines combina formación, consultoría estratéxica e adestramento de habilidades, incluído o deseño dun plan de acción acompañado dun coach.

Este programa de formación directiva, que se celebrará no campus da escola en Oleiros, conta cun acreditado equipo docente. Intégrano Pierre Ianni, CEO de ESC Solutions; Eduardo Olier, presidente do Instituto Choiseul; Xavier Marcet, CEO de Lead to Change; Idoia de Paz, directora de consultoría de Deloitte na área de transformación e talento; Diego Incio, director da área de persoas de Quescrem, e Ismael Sánchez de Prada, director de desenvolvemento e xestión de talento de Nova Pescanova.

A Escuela de Finanzas lanza un programa de excelencia directiva
comentarios